martes, 18 de junio de 2013

Descenso en bicicleta dende o Niño do Corvo


Este descenso é dun nivel bastante alto, xa que o último salto ten máis de dous metros de altura e atravesa unha estrada polo aire, de tódolos xeitos en tódolos saltos hai alternativas. Este descenso ten uns 700 metros aproximadamente.

lunes, 17 de junio de 2013

Praia do río Tamuxe

Foto de Sofía Santos



 Ubicada nunha zona húmida do río Miño e protexida como espazo natural.

jueves, 13 de junio de 2013

Festas do Rosal

San Isidro celébrase a mediados de maio, en Santa Mariña

Unha das máis importantes é a Feira do viño, no mes de xullo, nela pódense degustar os deliciosos caldos das diferentes bodegas participantes,acompañados de produtos gastronomicos que se poden adquirir nas carpas anexas á feira.

A festa de Santa María Madalena celébrase a finais de xullo, na ermida da Madalena en Eiras.

En San Miguel de Tabagón celébrase a festa a principios de setembro, réndeselle culto ao Anxo das Uvas.

A festa da vendimia celébrase a finais de setembro, en San Miguel de Tabagón, onde todos os asistentes poderán degustar viño e polvo.

A festa de San Francisco de Marzán ten lugar a primeira fin de semana de outubro. Fánse actos relixiosos en honor ao santo.




Celébrase a principios de outubro a festa en honor aos Cabaqueiros, con multitude de actividades para mozos, nenos e adultos. Inclúe obradoiros de tellas, feira de artesanía, verbena e música tradicional a cargo da banda de música e de formacións populares (pandereteiras ,gaiteiros ...)

miércoles, 12 de junio de 2013

Quinta do Couselo


É unha bodega que se atopa no val do Rosal, que limita ao sur co río Miño. As denominacións dos viños e licores obedecen ao noso desexo de conmemoaralas. Nada máis chegar á bodega recíbennos grandes siluetas formadas por dous grandes piñeiros centenarios, que dan forma ao emblema e logo desta bodega. Un dos piñeiros ten máis de 300 anos e atópase nun catálogo de protección espaecial.



martes, 11 de junio de 2013

Ruta dos Muíños do Folón e do Picón


 
Fotografía de Ágela Araujo de 4º ESO

Ten unha distancia aproximada de 3 Km e unha duración aproximada de 1 hora. A dificultade é baixa e apta para tódolos públicos, pero hai zonas de escalóns. Esta ruta está moi sinalizada e dende o centro do Rosal hai indicadores. Os Muíños do Folón son 57 datados nos séculos XVIII e XIX e no ano 1998 foron declarados “ben de interés cultural”. No alto, rematada a ruta dos Muíños do Folón , recoméndase unha parada para observar a paisaxe e despois continuar a visita aos Muíños do Picón.

lunes, 10 de junio de 2013